O cancro é o resultado de dous procesos sucesivos, o primeiro é a proliferación dun grupo de células que se chamaría tumor e o segundo é a invasión destas que se trasladan a outros órganos ou tecidos, proceso coñecido como metástase.
Esta enfermidade ven dada por anormalidades no material xenético das células, as cales poden ser causadas por diversos factores tanto externos como internos.
O descubrimento das bases xenéticas do cancro fixo posible que hoxe en día haxa tratamentos contra esta enfermidade, malia existir varios, destacan 3:
- Ciruxía: é a base fundamental dos tratamentos actuais e consiste na extirpación do tumor, de forma total ou parcial segundo as necesidades puntuais do paciente.
- Radioterapia: consiste en utilizar radiacións ionizantes co fin de eliminar as células malignas. Malia que as células normais tamén resultan dañadas estas tenden a recuperarse e continuar coaa súas funcións.
- Quimioterapia: consiste na utilización de medicamentos que buscan inhibir ou dificultar a división das células malignas, frenando así a expansión tumoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.