Mostrando entradas con la etiqueta curiosidade. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de abril de 2017
Outro método de vacinas sen agullas
Neste video do canle de YouTube Noticias de la ciencia Noticiencia explícase un sistema de vacinación sen agullas aínda máis práctico que o que xa comentamos previamente neste blog. Sen dúbida un gran avance para a medicina moderna:
domingo, 23 de abril de 2017
As células nai
As células nai son un tipo de células presentes en todos os organismos pluricelulares. O que as fai tan especiais é a súa capacidade de especializarse como calquer tipo de célula e dividirse formando máis células nai mediante a mitose que realizan todas as células. Así, unha célula nai pode converterse nunha célula muscular, ósea, etc.
Isto no campo da medicina pode ser realmente útil en tres campos principalmente: terapia xénica, medicina rexenerativa e inmunoloxía.

- Terapia xénica: consiste no tratamento de enfermidades xenéticas mediante a implantación de células nai doutra persoa alatamente compatible como un irmán.
- Inmunoterapia: son usadas por exemplo no cancro, co fin de atenuar os efectos secundarios da radioterapia e a quimioterapia.
- Medicina rexenerativa: isto quere dicir a reconstrución de órganos e tecidos mediante a especialización de células nai. Exemplos serían a pel, os tecidos do corazón e, de forma experimental, a medula espiñal e as neuronas.
sábado, 15 de abril de 2017
Mitos e lendas sobre as vacinas
A continuación un vídeo explicativo sobre algúns mitos frecuentes das vacinas explicadas por Pablo Linde, máis concretamente do seu canal de YouTube
Controversia das vacinas
Malia os seus beneficios en canto á prevención de enfermidades, existiron e aínda hoxe existen movementos antivacinas fundamentados en premisas como que non curan as enfermidades dun xeito real, que poden provocar a enfermidade que intentan previr ou que conlevan efectos secundarios.
Unha das principais bazas antivacinas é o uso do tiomersal, un derivado do mercurio que desde 1930 se usa como método conservante das vacinas. Se ben é certo que en Europa e Estados Unidos está case por completo eliminado, non son poucos os que o relacionan con trastornos do desenvolvemento como retraso na linguaxe, autismo e mesmo hiperactividade. O certo é que non existen estudos que demostren a toxicidade deste composto pero, debido á preocupación cidadá procedeuse ao seu retiro.
Cabe destacar que é un movemento máis ben minoritario e a efectividade das vacinas é innegable, con exemplos como o da erradicación da viruela mediante a vacinación masiva, afectando antes disto a 1 de cada 7 nenos en Europa, entre outros exemplos.

sábado, 28 de enero de 2017
Como funcionan os grupos sanguíneos?
Se ben todo o mundo sabe que, por exemplo a un paciente con sangue do tipo A, non se lle pode dar sangue do tipo B, non todos saben a que se debe isto.
A sangue humana posúe unhas células chamadas anticorpos, capaces de reaccionar con outras células dos glóbulos vermellos chamadas antíxenos producindo aglutinación.
Estos anticorpos son os responsables desa incompatibilidade que nombrabamos antes. Dito isto, a explicación das relacións entre os tipos de sangue é a seguinte:
A sangue de tipo AB non ten ningún anticorpo, polo cal, non producirá reaccións antíxeno-anticorpo con ningún outro tipo de sngue, por isto pode recibir calqueira clase.
A sangue de tipo 0 posúe anticorpos contra os antíxenos de A e de B, polo que non pode recibilas, pero non ten antíxenos propios polo que non reaccionará con ningún anticorpo, o que provoca que o tipo 0 poda ser doado a calqueira persoa que posúa calquer outro tipo, tanto A, como B, como AB, e por suposto 0.
En canto a A e B, teñen antíxenos diferentes que reaccionan cos anticorpos da outra, por iso son incompatibles.
Ademais disto, hai que ter en conta o factor Rh, é dicir se está presente ou non (A+ ; A-). No caso de que esté presente, só poderá doar a un tipo de sangue compatible que tamén o posúa. Se non o ten, pode doar a calqueira outra clase compatible, independientemente de que posúa Rh ou non.
Iste é o motivo de que o 0- sexa coñecido como o doante universal, pois é o tipo de sangue que ningún outro rexeita producindo aglutinación.
En resumo:

jueves, 5 de enero de 2017
O caduceo de Mercurio
Tras falar do símbolo orixinal da medicina, toca falar do que quizais sexa, se cabe, aínda máis coñecido como tal, a pesar de non selo. Falamos do caudeo de Mercurio, o cal non é máis que un instrumento máxico de Hermes (Mercurio na mitoloxía romana), o mensaxeiro dos deuses.
De novo, este símbolo ten unha lenda mitolóxica detrás que conta que, Mercurio, atopábase no Monte Citerón cando observou que dúas serpes estaban pelexando. Ao ver isto, decidíu lanzar a súa varilla para separalas. A reacción das serpes sorprendeuno xa que, lexos de continuar a pelexa, enroscáronse ao redor da vara quedando unha en fronte a outra, sen ningún signo de enemistade. Tras este fabuloso suceso, Mercurio servíuse do instrumento e o seu enorme poder para realizar as súas funcións.
Nos seus inicios non se trataba máis que de unhas ramas de laurel ou olivo que se enroscaban entre si pero, máis tarde, esas ramas foron remplazadas polas serpes actuais, engadíndose, ademáis, as ás de Mercurio.
Existen máis variantes da vara central como, por exemplo, a grega, que consiste nunha cana entrelazadaa por fíos de la ou a da Idade Media que consistía nun bastón recuberto de terciopelo.
De novo, este símbolo ten unha lenda mitolóxica detrás que conta que, Mercurio, atopábase no Monte Citerón cando observou que dúas serpes estaban pelexando. Ao ver isto, decidíu lanzar a súa varilla para separalas. A reacción das serpes sorprendeuno xa que, lexos de continuar a pelexa, enroscáronse ao redor da vara quedando unha en fronte a outra, sen ningún signo de enemistade. Tras este fabuloso suceso, Mercurio servíuse do instrumento e o seu enorme poder para realizar as súas funcións.
miércoles, 4 de enero de 2017
O bastón de Esculapio
O bastón de Esculapio trátase do primeiro símbolo da medicina e surxe no século VIII a.C. e consiste nun tronco ou maza no que se enrosca unha serpe cuxa cabeza queda separada e erguida. A súa representación sufríu cambios co paso do tempo ao recibir as crenzas e costumes de civilizacións e culturas posteriores. Un dos cambios máis notables é a aparición dunha rama de laurel á esquerda, debido ás súas propiedades utilizadas anteriormente en medicina, e unha rama de roble á dereita, árbore sagrada na Galia e en Grecia. Ademáis a vara tamén se interpreta coma un símbolo de poder. O nome de "bastón de Esculapio" débese á lenda que explica a asociación da serpe coa medicina.
Podes consultalo nesta entrada.
Podes consultalo nesta entrada.
A serpe na medicina
Se hai unha figura a destacar no icono desta ciencia sen dúbida sería a serpe enroscada que aparece tanto no símbolo orixinal coma no símbolo caduceo.
Símbolo orixinal (bastón de Esculapio) Símbolo caduceo (caduceo de Mercurio)
A lenda conta que Esculapio se atopaba na casa de Glauco, quen estaba ferido de morte. Nese intre apareceu unha serpe na habitación, a cal Esculapio mataría co seu bastón. Tras isto, irrumpíu na habitación outra serpe máis que introduciría unhas herbas na boca da que xa estaba morta, revivíndoa ao instante. Esas mesmas herbas foron utilizadas de novo por Esculapio para salvar a vida do seu paciente. Desta lenda provén o símbolo da serpe en asociación coa medicina.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)