Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de abril de 2017
Outro método de vacinas sen agullas
Neste video do canle de YouTube Noticias de la ciencia Noticiencia explícase un sistema de vacinación sen agullas aínda máis práctico que o que xa comentamos previamente neste blog. Sen dúbida un gran avance para a medicina moderna:
Inxeccións sen agullas
Para esa clase de xente que sinte pánico so con mencionar o tema das agullas nas vacinas e demais procedementos médicos, o seu temor podería deixar de existir en breve.
Grazas a estudos realizados no MIT (Massachusetts Institute of Technology) se desenvolveu un sistema que permite inxectar unha gran variedade de fármacos a través da pel baseandose nas forzas de Lorentz, aquelas que se xeran polo campo magnético ao recibir unha particula cargada electricamente. Isto é posible grazas ao imán que contén, rodeado por unha bobina de alambre conectada a un émbolo que contén os fármacos. Iste sistema xera a forza suficiente para empuxar un pistón que provoca a apertura dunha cápsula que libera os produtos desexados a gran velocidade a través da pel.

domingo, 23 de abril de 2017
Pillcam
O procedemento usual para as probas de cancro de colon non é realizado por moita xente debido a que adoita ser desagradable debido ao xaxún, o uso de laxantes ou a anestesia. Sen embargo grazas a este invento usado previamente para a observación do esófago e do intestino delgado, esta proba facilítase dun xeito considerable.
Pillcam é unha píldora como podería ser a de moitos medicamentos pero con algo especial xa que conta cunha cámara que permite ao médico observar o interior do paciente ao ter a capacidade de transmitir estas imaxes a un ordenador.

Segundo Sherman Chamberlain, gastroenterólogo de Gerogia, é un gran primeiro paso no avance do diagnóstico deste tipo de cancro, un dos máis comúns na actualidade.
Icon
Wayne Flavin, director de asuntos científicos de DMG America (empresa de materiais dentais), asegurou que grazas a este invento non será necesario que os dentistas teñan que perforar partes saudables de dentes e moas para chegar a zonas con caries.
"Icon", o proxecto da xa citada DMG, consiste na implantación dunha resina líquida no dente en cuestión, a cal, debido á súa rápida fluidez, chega antes á parte cariada que os tradicionais empastes de metal ou porcelana. Unha vez alí, solidifícase e impide o avance da caries. Grazas a este sistema non é necesario o uso de torno nin de anestesia nestes tratamentos tan usuais.

A utilidade médica do xenoma
O chamado PXH (Proxecto Xenoma Humano) consistíu no traballo que deu lugar á identificación de todos os xenes que compoñen o xenoma humano. Foi completado en 2003 malia que se descoñece todavía a maior parte do seu potencial e funcionalidade.
Dito isto, o xenoma humano é, basicamente, a secuencia do ADN dun ser humano.
En canto ao que isto supón para a medicina, podemos salientar o seguinte:

- Agora pódense comprender e identificar os xenes que contribúen a algunhas enfermidades determinando así as súas características herditarias e incluso a que idade pode chegar a producirse.
- Elaboración de compostos útiles contra enzimas e proteínas causantes dalgunhas enfermidades como a BACE e a BACE2 no caso do alzheimer.
- Elaboración de vacinas como a da meninxite debido ao coñecemento da composición xenética desta bacteria.
- Xa citado en anteriores ocasións, o coñecemento das bases xenéticas do cancro.
viernes, 14 de abril de 2017
Os novos tipos de vacinas
En entradas anteriores xa comentaramos os tipos actuais de vacinas pero, aínda máis, existen tipos en fase experimental que poderían aportar a solución a enfermidades que non teñen cura na actualidade ou mesmo supoñer unha alternativa mellor ás xa existentes.
-Polisacarídicas: baséase na existencia de polisacáridos (un tipo de glúcidos) con propiedades inmunitarias localizados na membrana externa de determinadas bacterias. Estos, ao poñerse en contacto con algunhas proteínas, teñen a capacidade de ser recoñecidos polo organismo como un antíxeno, xerando así anticorpos.
-Vector recombinante: basease na combinación da fisioloxía (o corpo) dun determinado microorganismo co ADN doutro xerando así inmunidade contra enfermidades que tengan procesos de infección complexos.
-Vacina de ADN: consiste na introdución de ADN de bactrias ou virus infecciosos nas células dun organismo como podería ser o humano ou dalgún outro animal. Isto provoca o recoñecemento dese "ADN extraño" e ataca tanto á proteína producida como ás células infectadas, tendo así inmunización para cando sexa o propio patóxeno o que esté dentro do organismo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)