Mostrando entradas con la etiqueta problemas corporais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta problemas corporais. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de abril de 2017

Ictus

Un ictus, tamén coñecido como embolia, é unha alteración da circulación sanguínea que chega ao cerebro. Podería ser comparable co infarto de miocardio pero no cerebro en lugar do corazón.Ao igual que este, un coágulo ou unha hemorraxia repentina poden ser a causa deste problema.



Cada ano 130 000 persoas sufren un ictus en España e un 30 % rematan ca morte de quen o padece. Ademais, nun 40 % destes é o causante dunha discapacidade grave, sendo así a primeira causa de discapacidade nos adultos. O ictus  é a primeira causa de mortandade en mulleres e a segunda en homes.

Os principais factores de risco nesta enfermidade teñen moito en común cos do corazón xa que todos eles son causantes de coágulos nas arterias. Por iso, sedentarismo, obesidade, consumo de drogas como tabaco, alcohol e outras, hipertensión... Todos eles poden ser causantes de ambos.

Para previr esta lesión é importante controlar os niveis de azucre en sangue, seguir unha dieta adecuada cun consumo reducido de sal e facer exercicio de xeito moderado a miúdo.


Infarto de miocardio vídeo explicativo

Neste vídeo do canle de YouTube PlusEsMas aparece explicado como se produce a obstrución das arterias nun infarto de miocardio:

O infarto de miocardio

Un infarto é a necrose ou morte de células dun órgano debido á falta de rego sanguíneo ocasionada xeralmente pola obstrución ou estenose (estreitamento) da arteria correspondente.

Malia que o coñecido popular como infarto é o infarto de miocardio (afectando ao corazón) o certo é que a maioría dos órganos poden sufrilo, como o cerebro por exemplo.



Os factores de risco que poden conducir a que se produza esta falta de rego son:

  • Hipertensión
  • Colesterol alto en sangue
  • Consumo de tabaco
  • Obesidade
  • Sedentarismo
  • Idade avanzada
Os síntomas máis comúns son unha dor como se fora un peso na zona do esternón que non se ve modificada nin polos movementos nin pola respiración, sendo este bastante forte. Pode ir asociado a sudores fríos, mareos e dores noutras partes do corpo como o brazo esquerdo, a mandíbula, etc.
Pode incluso estar asociado a vómitos, perda de coñecemento, dificultades respiratorias e dor no abdome.