Mostrando entradas con la etiqueta técnica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta técnica. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de abril de 2017

Pillcam

O procedemento usual para as probas de cancro de colon non é realizado por moita xente debido a que adoita ser desagradable debido ao xaxún, o uso de laxantes ou a anestesia. Sen embargo grazas a este invento usado previamente para a observación do esófago e do intestino delgado, esta proba facilítase dun xeito considerable.

Pillcam é unha píldora como podería ser a de moitos medicamentos pero con algo especial xa que conta cunha cámara que permite ao médico observar o interior do paciente ao ter a capacidade de transmitir estas imaxes a un ordenador.



Segundo Sherman Chamberlain, gastroenterólogo de Gerogia, é un gran primeiro paso no avance do diagnóstico deste tipo de cancro, un dos máis comúns na actualidade.

Icon

Wayne Flavin, director de asuntos científicos de DMG America (empresa de materiais dentais), asegurou que grazas a este invento non será necesario que os dentistas teñan que perforar partes saudables de dentes e moas para chegar a zonas con caries.

"Icon", o proxecto da xa citada DMG, consiste na implantación dunha resina líquida no dente en cuestión, a cal, debido á súa rápida fluidez, chega antes á parte cariada que os tradicionais empastes de metal ou porcelana. Unha vez alí, solidifícase e impide o avance da caries. Grazas a este sistema non é necesario o uso de torno nin de anestesia nestes tratamentos tan usuais.


A utilidade médica do xenoma

O chamado PXH (Proxecto Xenoma Humano) consistíu no traballo que deu lugar á identificación de todos os xenes que compoñen o xenoma humano. Foi completado en 2003 malia que se descoñece todavía a maior parte do seu potencial e funcionalidade.

Dito isto, o xenoma humano é, basicamente, a secuencia do ADN dun ser humano.

En canto ao que isto supón para a medicina, podemos salientar o seguinte:


  • Agora pódense comprender e identificar os xenes que contribúen a algunhas enfermidades determinando así as súas características herditarias e incluso a que idade pode chegar a producirse.
  • Elaboración de compostos útiles contra enzimas e proteínas causantes dalgunhas enfermidades como a BACE e a BACE2 no caso do alzheimer.
  • Elaboración de vacinas como a da meninxite debido ao coñecemento da composición xenética desta bacteria.
  • Xa citado en anteriores ocasións, o coñecemento das bases xenéticas do cancro.


viernes, 18 de noviembre de 2016

A pasteurización

A pasteurización é un proceso térmico no que se quentan compostos, sobre todo líquidos, co fin de eliminar a maior cantidade de axentes patóxenos que poda haber neles. O uso máis coñecido desta técnica é o de realizala con alimentos para que poidan ser conservados durante moito máis tempo.

Os primeiros procesos documentados que buscaron esterilizar os alimentos en envases pechados atribúense ao inventor francés Nicholas Appert no século XVIII. Xa un século despois, varios químicos alemáns trasladaron o método de Appert á leite cruda e comezaron a dilucidar que este proceso podería eliminar os componentes patóxenos desta.

Iste proceso, como o seu nome indica foi perfeccionado e explicado científicamente por Louis Pasteur. Malia que moitos dos seus contemporáneos alegaban que a fermentación era un proceso puramente químico, este científico quixo demostrar o contrario. No ano 1864, estudando o proceso de fermentación polo cal o viño se agriaba e acababa convertido en vinagre, descubríu que, neste, interviñan unha levadura e unha bacteria que o provocaban. 





Tras observar isto, decidíu quentar o viño a 44ºC e descubríu que unha gran parte da poboación das bacterias se extinguía, o que facilitaba moito a conservación deste. Tras isto, seguíuse adaptando o proceso de Pasteur a outros alimentos co fin de conservalos o maior tempo posible, ahorrando moitas perdas ás empresas e facilitando as medidas de hixiene daqueles produtos. 


viernes, 11 de noviembre de 2016

A transfusión de sangue

Hoxe en día as transfusións sanguíneas son un recurso moi utilizado na medicina en moitos aspectos, como en operacións, pacientes con leucemia e apoio a tratamentos de moitas outras enfermidades.

O que agora vemos como algo normal, foi un proceso de investigación moi longo, iniciado polos descubrimentos sobre a circulación de William Harvey no século XVII mediante a experimentación con animais e, máis tarde, entre animais e seres humanos, estas últimas menos exitosas. A pesar de isto, o primeiro intento de transfusión producíuse xa no século XV, cando o Papa Inocencio VIII entrou en estado de coma e recibíu sangue de tres nenos por vía oral, xa que daquela non se coñecía a circulación sanguínea. Desafortunadamente, non foi exitosa e ambos catro acabaron falecendo.

Habería que esperar ata o século XX para que se descubrise que había diferentes tipos de sangue, e que a transfusión dun grupo que non fose compatible podía causar, entre outras cousas, fallos renais, anemia ou, en algúns casos, a morte.

Co tempo, encontráronse tamén formas de conservar o sangue durante máis tempo, organizáronse bancos de sangue como o de Barcelona, que foi un dos primeiros, e servizos móviles como, por exemplo, na Guerra Civil española.

Grazas á colaboración de donantes podemos falar de 108 millóns de unidades de sangue recollidas anualmente (dato recollido pola Organización Mundial da Saúde), o que permite axudar a moitísimas persoas e salvar unha gran cantidade de vidas.