Hoxe en día as transfusións sanguíneas son un recurso moi utilizado na medicina en moitos aspectos, como en operacións, pacientes con leucemia e apoio a tratamentos de moitas outras enfermidades.
O que agora vemos como algo normal, foi un proceso de investigación moi longo, iniciado polos descubrimentos sobre a circulación de William Harvey no século XVII mediante a experimentación con animais e, máis tarde, entre animais e seres humanos, estas últimas menos exitosas. A pesar de isto, o primeiro intento de transfusión producíuse xa no século XV, cando o Papa Inocencio VIII entrou en estado de coma e recibíu sangue de tres nenos por vía oral, xa que daquela non se coñecía a circulación sanguínea. Desafortunadamente, non foi exitosa e ambos catro acabaron falecendo.
Habería que esperar ata o século XX para que se descubrise que había diferentes tipos de sangue, e que a transfusión dun grupo que non fose compatible podía causar, entre outras cousas, fallos renais, anemia ou, en algúns casos, a morte.
Co tempo, encontráronse tamén formas de conservar o sangue durante máis tempo, organizáronse bancos de sangue como o de Barcelona, que foi un dos primeiros, e servizos móviles como, por exemplo, na Guerra Civil española.
Grazas á colaboración de donantes podemos falar de 108 millóns de unidades de sangue recollidas anualmente (dato recollido pola Organización Mundial da Saúde), o que permite axudar a moitísimas persoas e salvar unha gran cantidade de vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.