Mostrando entradas con la etiqueta Pasteur. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pasteur. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de abril de 2017

Orixe das vacinas

Todos algunha vez temos obtido beneficios das vacinas, xa que nos proporcionan inmunidade contra determinadas enfermidades que doutro xeito poderían chegar a ser graves para nós.

Pois ben, algo que puidera parecer tan moderno como isto, xa foi usado na China e na India ao redor do ano 200 a.C., vacinandose contra a viruela mediante a administración por vía nasal de fragmentos de pústulas secas moídas.

Xa no ano 1796, durante a epidemia de esta enfermidade en Europa, un médico rural inglés chamado Edward Jenner, observou que as leiteiras ocasionalmente contraían unha especie de "viruela de vaca" ou "viruela vacuna" que as facía inmunes contra a cepa común e máis mortal desta. Comprobouse que a viruela de vaca era unha variante leve da outra.

Sería en 1881 caqndo Louis Pasteur introduciría oficialmente os termos vacina e vacinación  (provintes de "vaca") como referencia e homenaxe ao seu primeiro descubridor.


Edward Jenner

domingo, 12 de febrero de 2017

Teoría dos xermes

A teoría dos xermes propón que son determinados microorganismos os responsables dunha ampla gama de enfermidades mediante a invasión a outro ser vivo de maior tamaño como un mamífero.

O termo xerme designa calqueira clase de microorganismo capaz disto, tanto virus, como bacterias, fungos, etc. que, ao provocar unha determinada enfermidade recibe o nome de patóxeno.

Ista teoría foi formulada por Louis Pasteur na segunda metade do século XIX constituindo unha auténtica revolución á hora do tratamento das infeccións na medicina moderna, xa que deu paso a descubrimentos tales como as vacinas, a esterilización ou os antibióticos como métodos efectivos ante a propagación de enfermidades contaxiosas.

Foi finalmente demostrada por Robert Koch mediante experimentos coa tuberculose, grazas aos cales lle foi concedido o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina no ano 1905. Os seus descubrimentos darían lugar aos postulados de Koch, que servirían como criterio para demostrar se un determinado patóxeno era o causante dunha enfermidade concreta.




viernes, 18 de noviembre de 2016

A pasteurización

A pasteurización é un proceso térmico no que se quentan compostos, sobre todo líquidos, co fin de eliminar a maior cantidade de axentes patóxenos que poda haber neles. O uso máis coñecido desta técnica é o de realizala con alimentos para que poidan ser conservados durante moito máis tempo.

Os primeiros procesos documentados que buscaron esterilizar os alimentos en envases pechados atribúense ao inventor francés Nicholas Appert no século XVIII. Xa un século despois, varios químicos alemáns trasladaron o método de Appert á leite cruda e comezaron a dilucidar que este proceso podería eliminar os componentes patóxenos desta.

Iste proceso, como o seu nome indica foi perfeccionado e explicado científicamente por Louis Pasteur. Malia que moitos dos seus contemporáneos alegaban que a fermentación era un proceso puramente químico, este científico quixo demostrar o contrario. No ano 1864, estudando o proceso de fermentación polo cal o viño se agriaba e acababa convertido en vinagre, descubríu que, neste, interviñan unha levadura e unha bacteria que o provocaban. 





Tras observar isto, decidíu quentar o viño a 44ºC e descubríu que unha gran parte da poboación das bacterias se extinguía, o que facilitaba moito a conservación deste. Tras isto, seguíuse adaptando o proceso de Pasteur a outros alimentos co fin de conservalos o maior tempo posible, ahorrando moitas perdas ás empresas e facilitando as medidas de hixiene daqueles produtos.