Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de abril de 2017

Resumo da tuberculose

Neste video do canle de YouTube SAWBO Scientific Animations Without Borders resúmense os síntomas e as principais medidas preventivas na loita contra a tuberculose:


Tratamento contra a tuberculose

Existen tres tipos de tratamento contra esta enfermidade: sanatorial, quirúrxico e farmacolóxico.

-Sanatorial: xa en desuso, entre mediados do século XIX e a primeira metade do século XX os afectados por esta enfermidade eran enviados a sanatorios situados a gran altura pola teoría de aumentar o fluxo sanguíneo en consecuencia da taquicardia producida precisamente pola altura. A súa eficacia resultou dudosa.

-Quirúrxico: realizáronse diversas técnicas pero a maioría baseadas na colapsoterapia, é dicir, colapsar un pulmón e deixalo en reposo para curar a enfermidade.

-Farmacolóxico: fundamental tanto para o control como para a cura da enfermidade, este tratamento supuxo un cambio radical en canto a tuberculose. Comezando en 1944-1950 como combinación de dous fármacos, non se tardou en agregar un terceiro e ilo mellorando pouco a pouco así como reducindo a súa duración.


Bacteria causante da tuberculose 

A tuberculose

A tuberculose é unha enfermidade infecciosa causada por un determinado tipo de bacterias que afecta principalmente aos pulmóns, pero pode extenderse e afectar ao sistema nervioso central, sistema linfático, circulatorio, etc.


Radiografía de tórax dun caso de tuberculose


Os principais síntomas da tuberculose son tos severa durante tres semanas ou máis, baixada de peso, debilidade ou fatiga, febre e calafríos, sudores nocturnos e tusir ou escupir sangue e mucosidades.

A tuberculose, non tratada de xeito correcto pode ser mortal. A pesar disto, pode ser tratada tanto cando se atopa nun organismo de forma activa como cando está todavía en estado latente.

O seu contaxio prodúcese polo aire, cando unha persoa infectada escupe, tuse ou estornuda. Un gran número dos casos de tuberculose actuais se deben a que a persoa que a contrae presenta un sistema inmunitario debilitado por outras enfermidades como o sida, medicamentos inmunosupresores ou o abuso de drogas.

A maioría dos casos de tuberculose danse en países cun baixo desenvolvemento económico debido á escaseza de recursos para obter as vacinas ou os medicamentos necesarios para o seu tratamento adecuado.

Tense como unha das enfermidades máis antigas, tendo entre 15 000 e 22 000 anos de vida.




viernes, 6 de enero de 2017

O Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH)

O VIH trátase, como o seu nome indica, dun virus que afecta ao sistema inmunitario do organismo infectado, o que o fai máis vulnerable ante outras enfermidades que antes non supuñan unha ameaza para o ser vivo.

No momento do contaxio pode non experimentarse ningún síntoma ou ben experimentarlos durante un breve periodo de tempo. Tras isto, ten lugar un longo tempo no que non hai ningún tipo de sintomas pero, a medida que a enfermidade avanza, aumenta tamén o risco  de enfermidades como a tuberculose ou tumores que rara vez afectarían a unha persoa cun bo sistema de defensa. Estos síntomas tardíos da infección coñécense como SIDA (Síndrome de InmunoDeficiencia Adquirida).

O sida foi recoñecido por primeira vez no ano 1981 en Estados Unidos, a pesar de que se estima que é orixinario do cenrtro-oeste de África.

Non sería ata 1984 cando os científicos franceses Françoise Barré-Sinoussi e Luc Montaigner conseguiron asilar o virus, o que levaría ao descubrimento de anticorpos que permitisen crear un tratamento ante a enfermidade.

    Françoise Barré-Sinoussi



Luc Montagnier



O cancro

Cancro é o nome que recibe un conxunto de enfermidades relacionadas que acarrean un proceso de división celular descontrolado en partes localizadas do organismo e o consumo excesivo de nutrintes por parte destas células, que deixan ás outras sen enerxía para realizar as súas funcións.

O cancro é o resultado de dous procesos sucesivos, o primeiro é a proliferación dun grupo de células que se chamaría tumor e o segundo é a invasión destas que se trasladan a outros órganos ou tecidos, proceso coñecido como metástase.

Esta enfermidade ven dada por anormalidades no material xenético das células, as cales poden ser causadas por diversos factores tanto externos como internos.

O descubrimento das bases xenéticas do cancro fixo posible que hoxe en día haxa tratamentos contra esta enfermidade, malia existir varios, destacan 3:
  • Ciruxía: é a base fundamental dos tratamentos actuais e consiste na extirpación do tumor, de forma total ou parcial segundo as necesidades puntuais do paciente.
  • Radioterapia: consiste en utilizar radiacións ionizantes co fin de eliminar as células malignas. Malia que as células normais tamén resultan dañadas estas tenden a recuperarse e continuar coaa súas funcións.
  • Quimioterapia: consiste na utilización de medicamentos que buscan inhibir ou dificultar a división das células malignas, frenando así a expansión tumoral.