A maioría poderá ter escoitado aplicacións da insulina en tratamentos médicos como, por exemplo, na diabetes. E é que esta enfermidade consiste xustamente nunha perda por parte do organismo da capacidade de xerar a suficiente cantidade de dita proteína.
O tratamento que hoxe en día contribúe a axudar a tanta xente que padece esta enfermidade foi descuberto por Sir Frederick Grant Banting no ano 1921 na Universidade de Toronto. Experimentos previos, levados a cabo por Schafer, demostraran que a diabetes estaba ocasionada pola deficiencia desta proteína xerada no páncreas, e xa se acuñara o seu nome.
Banting, baixo a cátedra de John MacLeod e xunto coa axuda dun xoven estudiante de química, chamado Charles Best, conseguiría, tras 9 semanas de traballo, aislar a insulina e administrarlla mediante extractos de páncreas a cans aos que se lle inducira unha diabetes.
Os resultados foron os esperados e, grazas a isto, concedéuselle o Premio Nobel de Mediciña en 1923 a MacLeod e Banting, este último compartiría a súa parte do premio con Best debido á súa innegable aportación ao descubrimento.
Charles Best
Frederick Grant Banting
John MacLeod
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.