sábado, 28 de enero de 2017

Como funcionan os grupos sanguíneos?

Se ben todo o mundo sabe que, por exemplo a un paciente con sangue do tipo A, non se lle pode dar sangue do tipo B, non todos saben a que se debe isto.

A sangue humana posúe unhas células chamadas anticorpos, capaces de reaccionar con outras células dos glóbulos vermellos chamadas antíxenos producindo aglutinación.

Estos anticorpos son os responsables desa incompatibilidade que nombrabamos antes. Dito isto, a explicación das relacións entre os tipos de sangue é a seguinte:

A sangue de tipo AB non ten ningún anticorpo, polo cal, non producirá reaccións antíxeno-anticorpo con ningún outro tipo de sngue, por isto pode recibir calqueira clase.

A sangue de tipo 0 posúe anticorpos contra os antíxenos de A e de B, polo que non pode recibilas, pero non ten antíxenos propios polo que non reaccionará con ningún anticorpo, o que provoca que o tipo 0 poda ser doado a calqueira persoa que posúa calquer outro tipo, tanto A, como B, como AB, e por suposto 0.

En canto a A e B, teñen antíxenos diferentes que reaccionan cos anticorpos da outra, por iso son incompatibles.

Ademais disto, hai que ter en conta o factor Rh, é dicir se está presente ou non (A+ ; A-). No caso de que esté presente, só poderá doar a un tipo de sangue compatible que tamén o posúa. Se non o ten, pode doar a calqueira outra clase compatible, independientemente de que posúa Rh ou non.

Iste é o motivo de que o 0- sexa coñecido como o doante universal, pois é o tipo de sangue que ningún outro rexeita producindo aglutinación.

En resumo:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.