jueves, 5 de enero de 2017

O caduceo de Mercurio

Tras falar do símbolo orixinal da medicina, toca falar do que quizais sexa, se cabe, aínda máis coñecido como tal, a pesar de non selo. Falamos do caudeo de Mercurio, o cal non é máis que un instrumento máxico de Hermes (Mercurio na mitoloxía romana), o mensaxeiro dos deuses.



Nos seus inicios non se trataba máis que de unhas ramas de laurel ou olivo que se enroscaban entre si pero, máis tarde, esas ramas foron remplazadas polas serpes actuais, engadíndose, ademáis, as ás de Mercurio. 

Existen máis variantes da vara central como, por exemplo, a grega, que consiste nunha cana entrelazadaa por fíos de la ou a da Idade Media que consistía nun bastón recuberto de terciopelo.

De novo, este símbolo ten unha lenda mitolóxica detrás que conta que, Mercurio, atopábase no Monte Citerón cando observou que dúas serpes estaban pelexando. Ao ver isto, decidíu lanzar a súa varilla para separalas. A reacción das serpes sorprendeuno xa que, lexos de continuar a pelexa, enroscáronse ao redor da vara quedando unha en fronte a outra, sen ningún signo de enemistade. Tras este fabuloso suceso, Mercurio servíuse do instrumento e o seu enorme poder para realizar as súas funcións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.