sábado, 28 de enero de 2017

Os grupos sanguíneos

O descubrimento dos grupos sanguíneos ten a súa especial relevancia sobre todo á hora de realizar transfusións de sangue, para saber se o paciente a rexeitará ou non.

Este importante logro foi conseguido polo doutor Karl Landsteiner, ao cal lle foi concedido o premio Nobel de Fisioloxía ou Mediciña no ano 1930 precisamente por ista innovación.

Ao redor do ano 1901, cando o doutor Landsteiner traballaba na Universidade de Viena, comezou os seus experimentos coa xenética da sangue humana. Foi así cando descubríu que, nalgúns casos, ao mezclar sangue de persoas distintas, os glóbulos vermellos agrupábanse formando grumos visibles. Comparando os resultados do comportamento destas células en varias mostras de sangue, chegou á conclusión de que se podían clasificar en 3 tipos distintos: A, B e 0.

Dous anos máis tarde, dous dos seus discípulos descubriron un cuarto grupo ao que denominaron AB.


Xa en 1940 xunto con Alexander Salomon Wiener descubríu outro antíxeno nos glóbulos vermellos ao que chamou Rh debido a que se descubríu grazas á sangue dun mono chamado macaco Rhesus.
A importancia deste descubrimento é que, se unha nai é Rh- (é dicir, non ten o factor Rh) ten un fillo que sí o ten, é dicir, Rh+, este pode producir a xeración de anticorpos contra o Rh por parte da nai. Isto ten consecuencias graves en caso de que volva a quedar embarazada e o novo fillo tamén sexa Rh+, porque eses anticorpos poderían atacalo provocando a súa morte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.