viernes, 6 de enero de 2017

O Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH)

O VIH trátase, como o seu nome indica, dun virus que afecta ao sistema inmunitario do organismo infectado, o que o fai máis vulnerable ante outras enfermidades que antes non supuñan unha ameaza para o ser vivo.

No momento do contaxio pode non experimentarse ningún síntoma ou ben experimentarlos durante un breve periodo de tempo. Tras isto, ten lugar un longo tempo no que non hai ningún tipo de sintomas pero, a medida que a enfermidade avanza, aumenta tamén o risco  de enfermidades como a tuberculose ou tumores que rara vez afectarían a unha persoa cun bo sistema de defensa. Estos síntomas tardíos da infección coñécense como SIDA (Síndrome de InmunoDeficiencia Adquirida).

O sida foi recoñecido por primeira vez no ano 1981 en Estados Unidos, a pesar de que se estima que é orixinario do cenrtro-oeste de África.

Non sería ata 1984 cando os científicos franceses Françoise Barré-Sinoussi e Luc Montaigner conseguiron asilar o virus, o que levaría ao descubrimento de anticorpos que permitisen crear un tratamento ante a enfermidade.

    Françoise Barré-Sinoussi



Luc Montagnier



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.