viernes, 18 de noviembre de 2016

As vitaminas

A utilidade das vitaminas na prevención de enfermidades xa se coñecía moito tempo atrás. Por exemplo, os exipcios sabían que consumir carne de fígado axudaba a curar a cegueira nocturna. Xa no ano 1747 o cirujano escocés James Lind descubríu que os cítricos prevían o escorbuto. 

Moitos experimentos no século XVIII e XIX permitiron aislar compostos bioactivos que serían máis tarde coñecidos como vitaminas. De feito, no ano 1881 o ciruxano ruso Nikolai Lunin conseguíu, mediante experimentos con ratas, que no leite, ademais dos compoñentes coñecidos ata entón que eran as proteínas, os carbohidratos, as graxas e os sales, existían outros descoñecidos que eran esenciais para a vida. 

No ano 1910, o científico xaponés Umetaro Suzuki aislou un deses componentes accesorios e descubríu que se trataba dun novo tipo de nutrinte. Esta enorme revolución non se descubríu en Europa ata 1912 debido a un erro na traducción dos escritos xaponeses, que non detallaron nas súas versión europeas precisamente o máis importante, que era un novo tipo de nutrinte. Foi neste ano cando se logrou o mesmo en Europa, sen saber nada en realidade do acontecido en Xapón xa dous anos atrás. O "descubrimento" foi realizado por Casimir Funk.





Umetaro Suzuki



                                                                                                                                 Casimir Funk
                                                                                   










As investigacións continuarían e descubriríase que o que Lunin chamara compoñentes accesorios eran en realidade as vitaminas. Esto sería demostrado por Christiaan Eijkman e Frederick Hopkins, ambos galardonados co Nobel de Fisioloxía ou Mediciña no ano 1929, precisamente polo descubrimento destas substancias.


A pasteurización

A pasteurización é un proceso térmico no que se quentan compostos, sobre todo líquidos, co fin de eliminar a maior cantidade de axentes patóxenos que poda haber neles. O uso máis coñecido desta técnica é o de realizala con alimentos para que poidan ser conservados durante moito máis tempo.

Os primeiros procesos documentados que buscaron esterilizar os alimentos en envases pechados atribúense ao inventor francés Nicholas Appert no século XVIII. Xa un século despois, varios químicos alemáns trasladaron o método de Appert á leite cruda e comezaron a dilucidar que este proceso podería eliminar os componentes patóxenos desta.

Iste proceso, como o seu nome indica foi perfeccionado e explicado científicamente por Louis Pasteur. Malia que moitos dos seus contemporáneos alegaban que a fermentación era un proceso puramente químico, este científico quixo demostrar o contrario. No ano 1864, estudando o proceso de fermentación polo cal o viño se agriaba e acababa convertido en vinagre, descubríu que, neste, interviñan unha levadura e unha bacteria que o provocaban. 





Tras observar isto, decidíu quentar o viño a 44ºC e descubríu que unha gran parte da poboación das bacterias se extinguía, o que facilitaba moito a conservación deste. Tras isto, seguíuse adaptando o proceso de Pasteur a outros alimentos co fin de conservalos o maior tempo posible, ahorrando moitas perdas ás empresas e facilitando as medidas de hixiene daqueles produtos. 


O cloroformo

De novo falando de métodos anestésicos, temos un que é bastante famoso, o cloroformo.

Na historia da medicina comezamos a falar deste composto situándonos a mediados de decembro de 1847 nun hospital de Edimburgo. Alí o xinecólogo James Simpson practicou o primeiro parto sen dor aplicando este gas sobre a paciente. Nun comezo utilizábase éter pero este químico non resultaba útil nas contraccións e presentaba algúns efectos secundarios, o que levou a Simpson a buscar outra maneira de anestesiar ás mulleres que iban a dar a luz.

En 1845 o doutor John Snow perfeccionaría a técnica ao aplicalo en pequenas dosis durante o parto, pero sería en 1853 cando se popularizou o seu método aplicándollo á Raíña Victoria, polo que foi nomeado "sir".


Os Raios X

Todos coñecemos a utilidade dos Raios X en canto á detección de lesións óseas ou mesmo corpos extraños dentro do noso organismo. Nesta entrada veremos a historia do seu descubrimento.

As súas orixes remóntanse ao século XIX cando o científico William Crookes comezou a investigar os efectos de certos gases ao aplicarlles descargas de enerxía. O experimento realizabase no chamado "tubo de Crookes", que consistía nun tubo vacío con electrodos que xeraban correntes de voltaxes moi altos. Chegou, así, a descubrir que cando estes estaban cerca das placas fotográficas xeraba nelas algunhas imaxes borrosas.

O experimento non avanzou máis ata que no ano 1887 o célebre Nikola Tesla quixo continuar experimentando con tubos de Crookes e descubríu o perigo que estas radiacións tiñan para os organismos vivos.





En 1895, descubríronse finalmente os Raios X grazas aos experimentos cos tubos de Crookes levados a cabo por Wilhelm Conrad Röntgen. Este físico alemán  conseguíu demostrar que este tipo de raios presentaban unha radiación moi penetrante pero invisible, puidendo atravesar incluso metais pouco densos. Usando a man da súa muller, fixo a primeira radiografía humana.





Chamáronse Raios X (Raios incógnita) debido a que se descoñecía qué os producía exactamente. Foi grazas a este descubrimento que Röntgen gañou o Nobel de Física no ano 1901.

viernes, 11 de noviembre de 2016

O gas hilarante

Tras haber falado dun anestésico tan característico como o éter, vamos a falar nesta entrada doutro con elevada importancia, o óxido nitroso.

A historia deste gas comeza no ano 1772, cando foi descuberto polo científico Joseph Priestley. No ano 1799, o químico Humphry Davy decidíu probar consigo mesmo o óxido nitroso, tido como letal ata entonces, descubrindo que provocaba un estado de euforia, e denominouno "gas hilarante" debido ás carcajadas resultado dese estado.

                                                         Horace Wells (1815-1848)


O primeiro en utilizar o óxido nitroso como anestesiante foi o doutor Horace Wells o 11 de decembro de 1844. Este médico estadounidense observou nun espectáculo da época que un home baixo os efectos deste gas resultou ferido pero non amosou a menor mostra de dor. Por iso, el mesmo tras aspirar o composto ordeou ao seu axudante que lle extraera un molar. O resultado foi un éxito rotundo, procedendo á súa retirada sen ningún tipo de dor. 

O óxido nitroso é útil debido ao rápido efecto anestésico e a igualmente rápida recuperación tras suspender o seu suministro, sendo eliminado case na súa totalidade nos pulmóns e deixando restos mínimos no organismo.

O "vitriolo dulce"

Todos sabemos que a anestesia é moi utilizada para previr a dor en moitas situacións que poden ir desde a incisión no abdome dun paciente a algo tan sinxelo como a limpeza dunha caries.

Na súa orixe, a anestesia foi descuberta por accidente, cando no ano 1275 o doutor Ramón Llull obtivo o que chamaría "vitriolo dulce" tras experimentar con produtos químicos. Este composto foi rescatado no século XVI cando un médico suizo chamado Paracelso fixo que uns polos inalaran o "vitriolo dulce" e comprobou que non só se durmían senón que mostraban insensibilidade ante a dor. O composto pasaría a chamarse éter no ano 1730 por August Frobenius, nome que aínda recibe na actualidade. 

A primeira intervención dun paciente anestesiado por éter que foi realizada con éxito foi a extracción de dous tumores levada a cabo polo doutor Crawford Williamson Long o 30 de marzo do ano 1842.

Este composto foi o principal anestésico ata o ano 1960, cando comenzaría a ser substituido por outros produtos inhalatorios máis potentes pero menos inflamables.




A transfusión de sangue

Hoxe en día as transfusións sanguíneas son un recurso moi utilizado na medicina en moitos aspectos, como en operacións, pacientes con leucemia e apoio a tratamentos de moitas outras enfermidades.

O que agora vemos como algo normal, foi un proceso de investigación moi longo, iniciado polos descubrimentos sobre a circulación de William Harvey no século XVII mediante a experimentación con animais e, máis tarde, entre animais e seres humanos, estas últimas menos exitosas. A pesar de isto, o primeiro intento de transfusión producíuse xa no século XV, cando o Papa Inocencio VIII entrou en estado de coma e recibíu sangue de tres nenos por vía oral, xa que daquela non se coñecía a circulación sanguínea. Desafortunadamente, non foi exitosa e ambos catro acabaron falecendo.

Habería que esperar ata o século XX para que se descubrise que había diferentes tipos de sangue, e que a transfusión dun grupo que non fose compatible podía causar, entre outras cousas, fallos renais, anemia ou, en algúns casos, a morte.

Co tempo, encontráronse tamén formas de conservar o sangue durante máis tempo, organizáronse bancos de sangue como o de Barcelona, que foi un dos primeiros, e servizos móviles como, por exemplo, na Guerra Civil española.

Grazas á colaboración de donantes podemos falar de 108 millóns de unidades de sangue recollidas anualmente (dato recollido pola Organización Mundial da Saúde), o que permite axudar a moitísimas persoas e salvar unha gran cantidade de vidas.