viernes, 6 de enero de 2017

Anatomía humana

A anatomía humana, aínda que parece algo moi básico hoxe en día, non se coñecía con exactitude ata o ano 1538 coa chegada de Andrés Vesalio.

O que afirmaba Vesalio era que, para realizar ciruxías, era indispensable coñecer á perfección a anatomía humana xa que era algo crucial para evitar posibles complicacións nestas, por razóns obvias. Para acadar o seu obxectivo, comezou a diseccionar cadáveres humanos, o cal era un método de traballo moi inusual na época.

Grazas aos seus avances consigue publicar en 1543 De humani corporis fabrica, unha novedosa obra que recollía todos os coñecementos reunidos tras as súas investigacións. Destacaron sobre todo as súas aportacións na interpretación do sistema nervioso periférico e dos vasos  sanguíneos que percorren o corpo.


 Ilustración da obra                                               Andrés Vesalio

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.