viernes, 28 de abril de 2017

Outro método de vacinas sen agullas

Neste video do canle de YouTube Noticias de la ciencia Noticiencia explícase un sistema de vacinación sen agullas aínda máis práctico que o que xa comentamos previamente neste blog. Sen dúbida un gran avance para a medicina moderna:


Inxeccións sen agullas

Para esa clase de xente que sinte pánico so con mencionar o tema das agullas nas vacinas e demais procedementos médicos, o seu temor podería deixar de existir en breve.

Grazas a estudos realizados no MIT (Massachusetts Institute of Technology) se desenvolveu un sistema que permite inxectar unha gran variedade de fármacos a través da pel baseandose nas forzas de Lorentz, aquelas que se xeran polo campo magnético ao recibir unha particula cargada electricamente. Isto é posible grazas ao imán que contén, rodeado por unha bobina de alambre conectada a un émbolo que contén os fármacos. Iste sistema xera a forza suficiente para empuxar un pistón que provoca a apertura dunha cápsula que libera os produtos desexados a gran velocidade a través da pel.


domingo, 23 de abril de 2017

Pillcam

O procedemento usual para as probas de cancro de colon non é realizado por moita xente debido a que adoita ser desagradable debido ao xaxún, o uso de laxantes ou a anestesia. Sen embargo grazas a este invento usado previamente para a observación do esófago e do intestino delgado, esta proba facilítase dun xeito considerable.

Pillcam é unha píldora como podería ser a de moitos medicamentos pero con algo especial xa que conta cunha cámara que permite ao médico observar o interior do paciente ao ter a capacidade de transmitir estas imaxes a un ordenador.



Segundo Sherman Chamberlain, gastroenterólogo de Gerogia, é un gran primeiro paso no avance do diagnóstico deste tipo de cancro, un dos máis comúns na actualidade.

Icon

Wayne Flavin, director de asuntos científicos de DMG America (empresa de materiais dentais), asegurou que grazas a este invento non será necesario que os dentistas teñan que perforar partes saudables de dentes e moas para chegar a zonas con caries.

"Icon", o proxecto da xa citada DMG, consiste na implantación dunha resina líquida no dente en cuestión, a cal, debido á súa rápida fluidez, chega antes á parte cariada que os tradicionais empastes de metal ou porcelana. Unha vez alí, solidifícase e impide o avance da caries. Grazas a este sistema non é necesario o uso de torno nin de anestesia nestes tratamentos tan usuais.


Heartmate II

Ese é o nome dun novo dispositivo de asistencia ventricular que pode axudar a millóns de persoas con problemas cardíacos a redor do mundo.

O heartmate II é unha "bomba" cardíaca substitutiva dun trasplante de corazón. Esta é insertada no abdome e, mediante un diminuto motor de turbina, envía sangue osixenada dende o corazón debilitado ao resto do corpo.

Según o doutor da Universidade de Duke, Joseph Rogers, coautor dun estudo sobre o dispositivo, a esperanza de vivir dous anos aumentou considerablemente e permite aceptar a pacientes que antes non tiñan ningún tipo de opción a tratamento.


Restaurador da visión

Como di a descrición deste curioso aparello: "parece o ollo dun androide do cine pero simboliza unha esperanza para millóns de persoas".



O funcionamento deste dispositivo ocular é o seguinte: unha minicámara acoplada a uns lentes que usa o paciente capta imaxes case do mesmo modo que un ollo real e as transmite de forma inalámbrica a un chip insertado no mesmo. Este chip estimula ás células nerviosas da retina que envían as imaxes ao cerebro mediante o nervio óptico.

John Wyatt, coinventor deste singular aparello declara: non é suficiente para restaurar a visión dun xeito completo pero si o suficiente como para permitir que o suxeito camiñe por lugares familiares sen necesidade de outros útiles como bastón ou un perro guía.



As células nai

As células nai son un tipo de células presentes en todos os organismos pluricelulares. O que as fai tan especiais é a súa capacidade de especializarse como calquer tipo de célula e dividirse formando máis células nai mediante a mitose que realizan todas as células. Así, unha célula nai pode converterse nunha célula muscular, ósea, etc.



Isto no campo da medicina pode ser realmente útil en tres campos principalmente: terapia xénica, medicina rexenerativa e inmunoloxía.


  • Terapia xénica: consiste no tratamento de enfermidades xenéticas mediante a implantación de células nai doutra persoa alatamente compatible como un irmán.
  • Inmunoterapia:  son usadas por exemplo no cancro, co fin de atenuar os efectos secundarios da radioterapia e a quimioterapia.
  • Medicina rexenerativa: isto quere dicir a reconstrución de órganos e tecidos mediante a especialización de células nai. Exemplos serían a pel, os tecidos do corazón e, de forma experimental, a medula espiñal e as neuronas.



Ictus

Un ictus, tamén coñecido como embolia, é unha alteración da circulación sanguínea que chega ao cerebro. Podería ser comparable co infarto de miocardio pero no cerebro en lugar do corazón.Ao igual que este, un coágulo ou unha hemorraxia repentina poden ser a causa deste problema.



Cada ano 130 000 persoas sufren un ictus en España e un 30 % rematan ca morte de quen o padece. Ademais, nun 40 % destes é o causante dunha discapacidade grave, sendo así a primeira causa de discapacidade nos adultos. O ictus  é a primeira causa de mortandade en mulleres e a segunda en homes.

Os principais factores de risco nesta enfermidade teñen moito en común cos do corazón xa que todos eles son causantes de coágulos nas arterias. Por iso, sedentarismo, obesidade, consumo de drogas como tabaco, alcohol e outras, hipertensión... Todos eles poden ser causantes de ambos.

Para previr esta lesión é importante controlar os niveis de azucre en sangue, seguir unha dieta adecuada cun consumo reducido de sal e facer exercicio de xeito moderado a miúdo.


Infarto de miocardio vídeo explicativo

Neste vídeo do canle de YouTube PlusEsMas aparece explicado como se produce a obstrución das arterias nun infarto de miocardio:

O infarto de miocardio

Un infarto é a necrose ou morte de células dun órgano debido á falta de rego sanguíneo ocasionada xeralmente pola obstrución ou estenose (estreitamento) da arteria correspondente.

Malia que o coñecido popular como infarto é o infarto de miocardio (afectando ao corazón) o certo é que a maioría dos órganos poden sufrilo, como o cerebro por exemplo.



Os factores de risco que poden conducir a que se produza esta falta de rego son:

  • Hipertensión
  • Colesterol alto en sangue
  • Consumo de tabaco
  • Obesidade
  • Sedentarismo
  • Idade avanzada
Os síntomas máis comúns son unha dor como se fora un peso na zona do esternón que non se ve modificada nin polos movementos nin pola respiración, sendo este bastante forte. Pode ir asociado a sudores fríos, mareos e dores noutras partes do corpo como o brazo esquerdo, a mandíbula, etc.
Pode incluso estar asociado a vómitos, perda de coñecemento, dificultades respiratorias e dor no abdome.

A utilidade médica do xenoma

O chamado PXH (Proxecto Xenoma Humano) consistíu no traballo que deu lugar á identificación de todos os xenes que compoñen o xenoma humano. Foi completado en 2003 malia que se descoñece todavía a maior parte do seu potencial e funcionalidade.

Dito isto, o xenoma humano é, basicamente, a secuencia do ADN dun ser humano.

En canto ao que isto supón para a medicina, podemos salientar o seguinte:


  • Agora pódense comprender e identificar os xenes que contribúen a algunhas enfermidades determinando así as súas características herditarias e incluso a que idade pode chegar a producirse.
  • Elaboración de compostos útiles contra enzimas e proteínas causantes dalgunhas enfermidades como a BACE e a BACE2 no caso do alzheimer.
  • Elaboración de vacinas como a da meninxite debido ao coñecemento da composición xenética desta bacteria.
  • Xa citado en anteriores ocasións, o coñecemento das bases xenéticas do cancro.


sábado, 15 de abril de 2017

Resumo da tuberculose

Neste video do canle de YouTube SAWBO Scientific Animations Without Borders resúmense os síntomas e as principais medidas preventivas na loita contra a tuberculose:


Tratamento contra a tuberculose

Existen tres tipos de tratamento contra esta enfermidade: sanatorial, quirúrxico e farmacolóxico.

-Sanatorial: xa en desuso, entre mediados do século XIX e a primeira metade do século XX os afectados por esta enfermidade eran enviados a sanatorios situados a gran altura pola teoría de aumentar o fluxo sanguíneo en consecuencia da taquicardia producida precisamente pola altura. A súa eficacia resultou dudosa.

-Quirúrxico: realizáronse diversas técnicas pero a maioría baseadas na colapsoterapia, é dicir, colapsar un pulmón e deixalo en reposo para curar a enfermidade.

-Farmacolóxico: fundamental tanto para o control como para a cura da enfermidade, este tratamento supuxo un cambio radical en canto a tuberculose. Comezando en 1944-1950 como combinación de dous fármacos, non se tardou en agregar un terceiro e ilo mellorando pouco a pouco así como reducindo a súa duración.


Bacteria causante da tuberculose 

A tuberculose

A tuberculose é unha enfermidade infecciosa causada por un determinado tipo de bacterias que afecta principalmente aos pulmóns, pero pode extenderse e afectar ao sistema nervioso central, sistema linfático, circulatorio, etc.


Radiografía de tórax dun caso de tuberculose


Os principais síntomas da tuberculose son tos severa durante tres semanas ou máis, baixada de peso, debilidade ou fatiga, febre e calafríos, sudores nocturnos e tusir ou escupir sangue e mucosidades.

A tuberculose, non tratada de xeito correcto pode ser mortal. A pesar disto, pode ser tratada tanto cando se atopa nun organismo de forma activa como cando está todavía en estado latente.

O seu contaxio prodúcese polo aire, cando unha persoa infectada escupe, tuse ou estornuda. Un gran número dos casos de tuberculose actuais se deben a que a persoa que a contrae presenta un sistema inmunitario debilitado por outras enfermidades como o sida, medicamentos inmunosupresores ou o abuso de drogas.

A maioría dos casos de tuberculose danse en países cun baixo desenvolvemento económico debido á escaseza de recursos para obter as vacinas ou os medicamentos necesarios para o seu tratamento adecuado.

Tense como unha das enfermidades máis antigas, tendo entre 15 000 e 22 000 anos de vida.




Mitos e lendas sobre as vacinas



A continuación un vídeo explicativo sobre algúns mitos frecuentes das vacinas explicadas por Pablo Linde, máis concretamente do seu canal de YouTube

Controversia das vacinas

Malia os seus beneficios en canto á prevención de enfermidades, existiron e aínda hoxe existen movementos antivacinas fundamentados en premisas como que non curan as enfermidades dun xeito real, que poden provocar a enfermidade que intentan previr ou que conlevan efectos secundarios.

Unha das principais bazas antivacinas é o uso do tiomersal, un derivado do mercurio que desde 1930 se usa como método conservante das vacinas. Se ben é certo que en Europa e Estados Unidos está case por completo eliminado, non son poucos os que o relacionan con trastornos do desenvolvemento como retraso na linguaxe, autismo e mesmo hiperactividade. O certo é que non existen estudos que demostren a toxicidade deste composto pero, debido á preocupación cidadá procedeuse ao seu retiro.

Cabe destacar que é un movemento máis ben minoritario e a efectividade das vacinas é innegable, con exemplos como o da erradicación da viruela mediante a vacinación masiva, afectando antes disto a 1 de cada 7 nenos en Europa, entre outros exemplos.


viernes, 14 de abril de 2017

Os novos tipos de vacinas

En entradas anteriores xa comentaramos os tipos actuais de vacinas pero, aínda máis, existen tipos en fase experimental que poderían aportar a solución a enfermidades que non teñen cura na actualidade ou mesmo supoñer unha alternativa mellor ás xa existentes.

-Polisacarídicas: baséase na existencia de polisacáridos (un tipo de glúcidos) con propiedades inmunitarias localizados na membrana externa de determinadas bacterias. Estos, ao poñerse en contacto con algunhas proteínas, teñen a capacidade de ser recoñecidos polo organismo como un antíxeno, xerando así anticorpos.

-Vector recombinante: basease na combinación da fisioloxía (o corpo) dun determinado microorganismo co ADN doutro xerando así inmunidade contra enfermidades que tengan procesos de infección complexos.

-Vacina de ADN: consiste na introdución de ADN de bactrias ou virus infecciosos nas células dun organismo como podería ser o humano ou dalgún outro animal. Isto provoca o recoñecemento dese "ADN extraño" e ataca tanto á proteína producida como ás células infectadas, tendo así inmunización para cando sexa o propio patóxeno o que esté dentro do organismo.

jueves, 13 de abril de 2017

Tipos de vacinas

Hay cinco tipos de vacinas principalmente, son os seguintes:

-Inactivadas: son as compostas por microorganismos debilitados con calor ou compostos químicos. A inmunidade producida por estas vacinas é menor do normal xa que eses microorganismos debilitados non teñen a capacidade de reproducirse, o que conleva a necesidade de varias dosis para mantela. Son exemplos deste tipo as vacinas de hepatite A e peste bubónica.

-Vivas atenuadas: son as compostas por microorganismos criados baixo unhas determinadas condicións que diminúen as súas condicións patóxenas. Esta inmunidade é máis duradeira que a das anteriores debido a que as bacterias ou virus aínda conservan a súa estrutura. O risco destas vacinas é a posibilidade de provocar a enfermidade en persoas cun sistema inmunitario en mal estado. Son exemplos deste tipo a das papeiras e a do sarampión.




-Toxoides: nos casos onde a enfermidade é provocada por compoñentes provintes do microorganismo e non polo microorganismo en si, pódense suministrar directamente de maneira inactivada. É o caso do tétanos, por exemplo.

-Acelulares: consisten nunha mezcla de compoñentes purificados do patóxeno contra o que se quere inmunizar que pode constar de proteínas fortemente inmunoxénicas e incluso toxoides. Un exemplo desto sería a da tos ferina.

-Recombinantes de subunidade: consiste na introdución dun xen que habilite a produción dun antíxeno inmunolóxico nun microorganismo produtor. A función deste será producir grandes cantidades dese antíxeno para despois utilizarse na vacina. Un exemplo disto sería na vacina da hepatite B.

As diferentes vacinas

Ao xa ter falado das vacinas, introducimos a cronoloxía destas según o seu ano de descubrimento:

1796: viruela
1879: diarrea crónica intestinal grave
1882: rabia
1890: tétanos e difteria
1897: peste
1927: tuberculosis
1937: febre amarela e tifus
1964: sarampión
1967: paperas
1974: varicela
1977: neumonía
1978: meninxite
1981: hepatite B
1992: hepatite A
2005: virus do papiloma humano
2009: gripe A

Aquí non figuran todas as vacinas descubertas tan só algunhas delas que caben destacar pola súa importancia e tampouco figuran as de fase experimental como a da Hepatite C descuberta en 2009.




Orixe das vacinas

Todos algunha vez temos obtido beneficios das vacinas, xa que nos proporcionan inmunidade contra determinadas enfermidades que doutro xeito poderían chegar a ser graves para nós.

Pois ben, algo que puidera parecer tan moderno como isto, xa foi usado na China e na India ao redor do ano 200 a.C., vacinandose contra a viruela mediante a administración por vía nasal de fragmentos de pústulas secas moídas.

Xa no ano 1796, durante a epidemia de esta enfermidade en Europa, un médico rural inglés chamado Edward Jenner, observou que as leiteiras ocasionalmente contraían unha especie de "viruela de vaca" ou "viruela vacuna" que as facía inmunes contra a cepa común e máis mortal desta. Comprobouse que a viruela de vaca era unha variante leve da outra.

Sería en 1881 caqndo Louis Pasteur introduciría oficialmente os termos vacina e vacinación  (provintes de "vaca") como referencia e homenaxe ao seu primeiro descubridor.


Edward Jenner