domingo, 12 de febrero de 2017

Teoría dos xermes

A teoría dos xermes propón que son determinados microorganismos os responsables dunha ampla gama de enfermidades mediante a invasión a outro ser vivo de maior tamaño como un mamífero.

O termo xerme designa calqueira clase de microorganismo capaz disto, tanto virus, como bacterias, fungos, etc. que, ao provocar unha determinada enfermidade recibe o nome de patóxeno.

Ista teoría foi formulada por Louis Pasteur na segunda metade do século XIX constituindo unha auténtica revolución á hora do tratamento das infeccións na medicina moderna, xa que deu paso a descubrimentos tales como as vacinas, a esterilización ou os antibióticos como métodos efectivos ante a propagación de enfermidades contaxiosas.

Foi finalmente demostrada por Robert Koch mediante experimentos coa tuberculose, grazas aos cales lle foi concedido o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina no ano 1905. Os seus descubrimentos darían lugar aos postulados de Koch, que servirían como criterio para demostrar se un determinado patóxeno era o causante dunha enfermidade concreta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.