domingo, 12 de febrero de 2017

A penicilina

Probablemente a penicilina sexa un dos remedios médicos máis famosos debido á importancia que tivo e que continúa a ter na actualidade pero, se ben é así, moita xente non coñece a súa utilidade concreta.

Para comezar a falar da penicilina é imprescindible comezar falando do seu descubridor, Alexander Fleming. Este científico escocés, ao estar traballando no Hospital Saint Mary de Londres, procedeu ao estudo de varios cultivos de bacterias. Tras un mes de vacacións, ao regresar ao seu laboratorio decatouse de que varios estaban contaminados polo que procedeu á súa eliminación nunha bandexa de lysol. Tras recibir a visita dun compañeiro e ensinarlle o seu traballo deuse conta de que nunha das bandexas que todavía non foran lavadas observábase unha transparencia a redor do fungo contaminante, o que indicaba destrución celular.

Tras varios experimentos para descartar a súa toxicidade en mamíferos como conexos, o seu experimento pasou bastante desapercibido incluso para o propio Fleming que non sabía a utilidade potencial do seu descubrimento.

Varios científicos, como Cecil George Paine ou Howard Walter Florey, continuaron con estas investigacións descubrindo, así, un dos primeiros antibióticos empleados no tratamento de moitas das principales enfermidades bacteriolóxicas.

Hoxe en día coñécese como penicilinas a un grupo de antibióticos capaces de eliminar determinadas bacterias.

Fleming obtuvo por este descubrimento o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina no ano 1945 xunto con Ernest Boris Chaine e o xa citado Walter Florey, estes dous últimos por descubrir a forma de producilas en masa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.