domingo, 12 de febrero de 2017

As sulfamidas

Unha sulfamida é unha substancia química sintética que se utiliza na medicina como antibiótico e antiparasitario.

Este tipo de composto químico foi o primeiro en poder desarrollarse como antimicrobianos e deixar así o terreo preparado para os grandes avances medicos tanto en humanos como animais. O seu descubrimento, aínda que moi baseado en outros científicos, atribúeselle a Gerhard Domagk, un patólogo alemán que recibiría o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina no ano 1947 grazas á súa aportación a este campo. O premio foille concedido, en realidade, no ano 1939 pero o réxime nazi obrigoulle a rechazalo, recibindoo 8 anos máis tarde.

Domagk descubríu que o Prontosil (derivado das sulfamidas) era efectivo contra as enfermidades causadas por unhas bacterias chamadas estreptococos e, tratando á súa propia filla con este, conseguíu evitar a amputación dun dos seus brazos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.