viernes, 11 de noviembre de 2016

O gas hilarante

Tras haber falado dun anestésico tan característico como o éter, vamos a falar nesta entrada doutro con elevada importancia, o óxido nitroso.

A historia deste gas comeza no ano 1772, cando foi descuberto polo científico Joseph Priestley. No ano 1799, o químico Humphry Davy decidíu probar consigo mesmo o óxido nitroso, tido como letal ata entonces, descubrindo que provocaba un estado de euforia, e denominouno "gas hilarante" debido ás carcajadas resultado dese estado.

                                                         Horace Wells (1815-1848)


O primeiro en utilizar o óxido nitroso como anestesiante foi o doutor Horace Wells o 11 de decembro de 1844. Este médico estadounidense observou nun espectáculo da época que un home baixo os efectos deste gas resultou ferido pero non amosou a menor mostra de dor. Por iso, el mesmo tras aspirar o composto ordeou ao seu axudante que lle extraera un molar. O resultado foi un éxito rotundo, procedendo á súa retirada sen ningún tipo de dor. 

O óxido nitroso é útil debido ao rápido efecto anestésico e a igualmente rápida recuperación tras suspender o seu suministro, sendo eliminado case na súa totalidade nos pulmóns e deixando restos mínimos no organismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.