miércoles, 4 de enero de 2017

O bastón de Esculapio

O bastón de Esculapio trátase do primeiro símbolo da medicina e surxe no século VIII a.C. e consiste nun tronco ou maza no que se enrosca unha serpe cuxa cabeza queda separada e erguida. A súa representación sufríu cambios co paso do tempo ao recibir as crenzas e costumes de civilizacións e culturas posteriores. Un dos cambios máis notables é a aparición dunha rama de laurel á esquerda, debido ás súas propiedades utilizadas anteriormente en medicina, e unha rama de roble á dereita, árbore sagrada na Galia e en Grecia. Ademáis a vara tamén se interpreta coma un símbolo de poder. O nome de "bastón de Esculapio" débese á lenda que explica a asociación da serpe coa medicina.
Podes consultalo nesta entrada.


A serpe na medicina

Se hai unha figura a destacar no icono desta ciencia sen dúbida sería a serpe enroscada que aparece tanto no símbolo orixinal coma no símbolo caduceo.



Símbolo orixinal (bastón de Esculapio)         Símbolo caduceo (caduceo de Mercurio)



A lenda conta que Esculapio se atopaba na casa de Glauco, quen estaba ferido de morte. Nese intre apareceu unha serpe na habitación, a cal Esculapio mataría co seu bastón. Tras isto, irrumpíu na habitación outra serpe máis que introduciría unhas herbas na boca da que xa estaba morta, revivíndoa ao instante. Esas mesmas herbas foron utilizadas de novo por Esculapio para salvar a vida do seu paciente. Desta lenda provén o símbolo da serpe en asociación coa medicina.

martes, 3 de enero de 2017

A insulina

A insulina é unha proteína xerada no páncreas que se encarga de intervir no proceso metabólico de azúcres no sangue.

A maioría poderá ter escoitado aplicacións da insulina en tratamentos médicos como, por exemplo, na diabetes. E é que esta enfermidade consiste xustamente nunha perda por parte do organismo da capacidade de xerar a suficiente cantidade de dita proteína.

O tratamento que hoxe en día contribúe a axudar a tanta xente que padece esta enfermidade foi descuberto por Sir Frederick Grant Banting no ano 1921 na Universidade de Toronto. Experimentos previos, levados a cabo por Schafer, demostraran que a diabetes estaba ocasionada pola deficiencia desta proteína xerada no páncreas, e xa se acuñara o seu nome.

Banting, baixo a cátedra de John MacLeod e xunto coa axuda dun xoven estudiante de química, chamado Charles Best, conseguiría, tras 9 semanas de traballo, aislar a insulina e administrarlla mediante extractos de páncreas a cans aos que se lle inducira unha diabetes.

Os resultados foron os esperados e, grazas a isto, concedéuselle o Premio Nobel de Mediciña en 1923 a MacLeod e Banting, este último compartiría a súa parte do premio con Best debido á súa innegable aportación ao descubrimento.

 
      Charles Best
Frederick Grant Banting

John MacLeod