domingo, 23 de abril de 2017

Ictus

Un ictus, tamén coñecido como embolia, é unha alteración da circulación sanguínea que chega ao cerebro. Podería ser comparable co infarto de miocardio pero no cerebro en lugar do corazón.Ao igual que este, un coágulo ou unha hemorraxia repentina poden ser a causa deste problema.



Cada ano 130 000 persoas sufren un ictus en España e un 30 % rematan ca morte de quen o padece. Ademais, nun 40 % destes é o causante dunha discapacidade grave, sendo así a primeira causa de discapacidade nos adultos. O ictus  é a primeira causa de mortandade en mulleres e a segunda en homes.

Os principais factores de risco nesta enfermidade teñen moito en común cos do corazón xa que todos eles son causantes de coágulos nas arterias. Por iso, sedentarismo, obesidade, consumo de drogas como tabaco, alcohol e outras, hipertensión... Todos eles poden ser causantes de ambos.

Para previr esta lesión é importante controlar os niveis de azucre en sangue, seguir unha dieta adecuada cun consumo reducido de sal e facer exercicio de xeito moderado a miúdo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.